publicidade hoxe

Concello de Carnota e a Asociación O Patín festexan o Magosto e o Samaín

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCarnota
A-
A+

O Concello de Carnota e a Asociación O Patín queren festexar o Magosto e o Samaín con todos os nenos/as e non tan nenos/as do municipio.

VENRES 30 DE OUTUBRO NA PRAZA DE SAN GREGORIO

18:00 – 19:00 Actuación de Títeres Cachirulo. Achégannos ao Samaín cunha sesión de contacontos moi apropiado a estas datas “Contos para pasalo de medo”. No salón de actos do Concello.

19:00 – 20:00 Degustación de castañas. Ó remate da escenificación teatral  iníciase a degustación de castañas.

VENRES 6 DE NOVEMBRO NA PRAZA DE SAN GREGORIO

18:00 – 20:30  Tempo dos nenos/as.  Xogos populares, obradoiro de caixiñas das castañas, doces agasallos para as cabazas mellor decoradas e disfraces do Samaín.

20:30 e ata que o corpo aguante. Festa, concurso de disfraces do Samaín e baile ao ritmo dun trío musical e da discoteca móbil CDC. Degustación de castañas, bolos preñados, roscos, chocolate.

19 de outubro de 2015 | 14:06 • Sen comentarios

Comentarios pechados.