Comezan os traballos de mellora do firme no camiño do Cabo da Vella en Petelos

Mellora do firme en Petelos
O Alcalde P.D. de Mos, Alberto Méndez, e o concelleiro mosense de Vías e Obras, Luis Alonso, visitaron hoxe as recentemente iniciadas obras de mellora da pavimentación no camiño da Cabo da Vella, parroquia de Petelos.
Estes traballos están a ser acometidas grazas a unha subvención da Deputación de Pontevedra incluída no PPOS 2015 (Plan Provincial de Obras e Servizos) que ascende a 23.175,12 euros. Dita axuda inclúe tamén labores de instalación de rede de saneamento municipal, que xa foron rematados.
As obras que se están a realizar consisten, tal e como explicaron os representantes municipais na rehabilitación do pavimento asfáltico do Camiño Cabo da Vella ata Aleymar (fronte Centro Reto), incluíndo actuacións previas de limpeza e desbroce de marxes.
A actuación divídese en dous tramos, un de 1.017 metros cadrados de superficie e outro de 88 metros cadrados de superficie. A lonxitude do primeiro tramo é de 226 metros ea do tramo final é duns 30 metros sin asfaltar que se atopan tras unha curva de 90 grados.
O obxectivo desta actuación é a mellora da seguridade viaria na zona mediante a rehabilitación do perfil lonxitudinal e transversal dos dous tramos do vial. Ó remate da visita matinal ás obras o edil Luis Alonso avanzou que se estima que estes traballos de mellora da pavimentación estean rematados nun prazo aproximado dun mes.











