publicidade hoxe

Comezan en Lousame as reunións dos obradoiros da memoria

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLousame
A-
A+
Participantes no obradoiro

Participantes no obradoiro

O Concello de Lousame vén de iniciar a decimoterceira edición dos seus Obradoiros da Memoria, unha actividade gratuíta dirixida a mellorar a calidade de vida dos veciños e veciñas maiores de 60 anos do municipio a través da realización de actividades para manter e mellorar capacidades como a atención, a memoria, o cálculo ou a linguaxe. Unhas sesións que teñen lugar nos distintos locais sociais das parroquias e que son impartidos por persoal dos Servizos Sociais do Concello de Lousame.

A participación nos obradoiros é totalmente de balde e está aberta durante todo o curso, polo que só é preciso poñerse en contacto cos Servizos Sociais de Lousame ou chamar ao 981 820 494 para poder asistir. De feito, na actualidade aínda quedan prazas dispoñibles nas localidades de Escabia, Lesende e Vilacoba. Os obradoiros están incluídos dentro do Programa de Dinamización de Persoas Maiores, subvencionado pola Deputación Provincial da Coruña.

27 de outubro de 2015 | 19:25 • Sen comentarios

Comentarios pechados.