publicidade hoxe

Comezan as xornadas micolóxicas do Carballiño

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaO Carballiño
A-
A+

A Área de Cultura do Concello do Carballiño que dirixe o concelleiro Diego Fernández organizou unhas xornadas micolóxicas “co fin de animar ós veciños e veciñas a achegarse a esta afección e, sobre todo, facelo dun xeito seguro e asesorados sempre por expertos. Son moitas as persoas que queren aprender a buscar e recoller os cogumelos, e por iso organizamos estas xornadas”.

A primera cita será este venres, 30 de octubro, na Casa da Cultura, onde un micólogo ofrecerá unha charla teórica sobre este tema, como buscalos, como diferencialos para evitar accidentes, consellos básicos para iniciarse no mundo da micoloxía.  A charla comezará ás 20:30 horas, e a asistencia é libre e gratuita. 

O día seguinte, o 31 de outubro, realizarase unha saída micolóxica, onde se porá en práctica o aprendido. Expertos micólogos acompañaran a cantos queiran asistir a esta saída, para asesoralos en todo momento e amosarlles como se recollen estes cogomelos. A saída terá lugar as 10:00 horas dende a Casa da Cultura. Ao rematar realizarase unha clasificación das especies recollidas, para que os principiantes coñezan cada unha delas.

Por último o día 8 de novembro terá lugar na Praza Maior una exposición micolóxica, aberta a tódolos interesados en curiosos en coñecer algo más do mundo dos cogomelos. Diego Fernández sinalaba que “somos conscientes que cada vez son máis os veciños e veciñas que se interesan pola micoloxía, e que a zona do Carballiño é boa para esta afección, por iso queremos darlles as ferramentas para poder desenvolver esta actividade coa máxima seguridade, tanto para o consumo propio como para a finalidade de obter rendementos económicos”.

29 de outubro de 2015 | 18:22 • Sen comentarios

Comentarios pechados.