Comezan as visitas sobre o terreo para crear o parque periurbano da Fracha
O concelleiro delegado da área rural, Demetrio Gómez e membros das comunidades de montes de Marcón, Tomeza e Canicouva visitan mañá pola tarde, a partir das 16.00 horas, os diferentes espazos do monte da Fracha propiedade da comunidade de montes de Marcón, para comezar a configurar o futuro parque periurbano. Nesta visita se pretenden coñecer espazos e zonas para pór en valor, recuperar ou instalar elementos recreativos que constitúan o futuro parque da Fracha.
Tamén se farán visitas á Fracha dende as parroquias de Tomeza e Canicouva para coñecer estes ámbitos, os elementos e espazos precisos para poñer en valor.











