Comeza o OutubroFest na praza do Teucro

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCalendarioPontevedra
A-
A+

A praza do Teucro acolle dende esta mañá unha nova edición do Outubrofest que abriu as súas portas nun acto oficial ao que asistiron os concelleiros Carme da Silva e Demetrio Gómez. A OutubroFest estará aberta até o vindeiro luns, 2 de novembro. A OutubroFest é unha cita consolidada no calendario festivo da cidade xa que chega este ano á súa sétima edición, e está organizada polo Pontevedra Rugby Club en torno a cervexa, co fin de dar a coñecer este deporte e recadar cartos para o club.

Cos prezos de pasado ano e o bo ambiente de sempre, a carpa do Teucro estará aberta de 12 a 24 horas. Alí poderase tomar cervexas e comer salchichas (branca, picante, xigantes de até un metro) e codillo. Na última edición pasaron polo recinto arredor de 25.000 persoas. No arranque da October Fest presentouse o videoclip de Isamanda no que ten unha especial presenza o club. Ademais entregouse o Trofeo co que en cada edición premian o traballo de aposta pola canteira, neste caso recaíu no Club de Natación Galaico Pontevedra. O Pontevedra Club Rugby ten 170 membros en todas as categorías agás un equipo feminino, que a día de hoxe están tentando crear.

29 de outubro de 2015 | 18:51 • Sen comentarios

Comentarios pechados.