publicidade hoxe

Comeza o ‘obradoiro de coiro’ no mercado municipal da Lama

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA Lama
A-
A+

O ‘Obradoiro de Coiro’, o curso que organiza o Concello da Lama, a través da Oficina Municipal de Información Xuvenil, en colaboración coa Deputación de Pontevedra dentro do programa provincial ‘Actívate 2015’ acaba de dar comezo.

Durante a primeira sesión, os asistentes –ao redor dunha quincena de veciños e veciñas da Lama- tiveron unha primeira toma de contacto co material, co que fixeron un estoxo con inscrición. En seguintes clases chegarán a coñecer distintas técnicas do tratado do coiro, chegando a confeccionar obxectos máis complexos.

O curso levarase a cabo todos os luns do mes de outubro e o próximo mes de novembro, manténdose nun horario matinal, en instalacións do Concello. Por outra banda, tamén continúa activo o Curso de Cestaría que a partir deste mes de outubro se levará a cabo os xoves de 10,00 a 13,00 horas na Biblioteca Municipal.

Con este tipo de iniciativas, o Concello da Lama busca dinamizar o territorio e ofrecer formación complementaria a mozas e maiores do municipio.

7 de outubro de 2015 | 19:09 • Sen comentarios

Comentarios pechados.