Comeza o deporte para adultos da Fundación excepto na sede de Fexdega que farao o día 21
O curso deportivo da Fundación Municipal comezou hoxe de forma oficial co inicio das actividades deportivas para adultos en todos os centros excepto en Fexdega, onde se iniciarán a semana que ve. A causa é que estes días o pavillón da Maroma acolle o torneo mundial de pádel polo que as clases da Fundación nestas instalacións comezarán o mércores 21 de outubro. Ese mesmo día inauguraranse tamén as actividades deportivas para nenos e nenas.
A partir de hoxe as persoas inscritas que seleccionaron a realización de actividades deportivas nas instalacións de Castelao, Fontecarmoa, CEIP de A Escardia e os pavillóns municipais de Carril e Guillán xa poden asistir ás clases en calquera das oito modalidades que oferta a Fundación ( ximnasia de mantemento, ximnasia acuática, ximnasia funcional, bádminton, aerobic, tai chi, ioga e pilates). A partir do mércores tamén o poderán facer aquelas que elixiran Fexdega como sede.
As actividades infantís e xuvenís tamén se comezan a impartir a partires do día 21. Son a Escola de Psicomotricidade, a Escola Multideportiva e as Escolas de Base.











