Comeza a rodaxe de ‘Plan de fuga’ con Tosar, Javier Guitérrez e Alba Galocha
A película ‘Plan de Fuga’, protagonizada polos galegos Luís Tosar, Javier Gutiérrez e Alba Galocha, iniciará o vindeiro luns, 12 de outubro, a súa rodaxe en Bilbao, onde permanecerá até o venres 16. ‘Plan de Fuga’, que se rodará durante oito semanas en diversas localizacións de Bilbao-Bizkaia e Madrid, e que conta tamén con Alain Hernández como protagonista, é “un thriller de acción” que narra a historia de Víctor, un atracador profesional que se introduce nunha perigosa banda de delincuentes composta na súa totalidade por exmilitares do Leste.
“Un grupo pechado que, ante a morte dun dos seus, vese obrigado a recrutar un novo membro. O plan a realizar, roubar un banco. O traballo do protagonista será perforar a cámara acoirazada”, explican os seus responsables.
A longametraxe, dirixida por Iñaki Dorronsoro -que tamén se encarga do guión- é “unha mostra máis da capacidade de Bilbao e Bizkaia para a captación de producións audiovisuais e rodaxes de cine”, destacou o Concello da capital biscaíña.











