Comeza a IV Edición do Campamento para monitores de tempo libre en Lalín
Hoxe dará comezo a IV Edición do Campamento para monitores de tempo libre que se desenvolverá en Lalín durante este fin de semana. Os 30 profesionais do tempo libre chegados de distintos lugares de Galicia: Vigo, A Coruña, Ourense, Santiago,… estarán aloxados no Albergue de Mouriscade.
Durante o día de hoxe acercaránse ata o Parque de Bombeiros de Silleda para mellorar os seus coñecementos sobre Plans de Evacuación e como axudar en casos de emerxencias.
Pola tarde visitarán o Museu Etnográfico Casa do Patrón, onde despois de realizar diferentes actividades terá lugar un debate sobre a recuperación do patrimonio e como os profesionais do ocio podemos contribuír a dar a coñecer a nosa propia cultura.
Para a xornada do sábado comezarase coa aproximación a diferentes Danzas provintes de diversas partes do Mundo como unha ferramenta para tratar a interculturalidade. Logo pasarase a recoller en video diferentes cancións con movementos que invitan á disinhibición. Pola tarde o colectivo animará as rúas de Lalín realizando unha Performance na que o obxectivo principal sexa dar a coñecer á poboación de Lalín a labor dos/as monitores/as.
Recordar que son moitos/as os monitores/as que cada ano levan a cabo o seu labor no eido do lecer e o tempo libre, a través da educación non formal. Por iso nace este proxecto, porque para este colectivo é fundamental estar formándose e reciclándose en todo momento, e estamos convencidos/as de que o mellor modo de facelo é a través do intercambio de experiencias e coñecementos, no que os/as xoves educadores/as son os protagonistas e de onde xorden novas propostas creativas.Ademais este proxecto ten como finalidade propiciar un entorno de reflexión e intercambio entre profesionais do tempo libre, mellorando desta maneira a formación dos/as profesionais galegos/as e a súa empregabilidade, desta forma a calidade da educación no formal en Galicia.Todalas actividades son gratuítas para os/as participantes porque son financiadas polo Programa Iniciativa Xove da Xunta de Galicia.











