Comeza a eliminación da nomenclatura franquista das rúas da Coruña

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA CoruñaLocal Portada
A-
A+
Europa Press

O Goberno municipal da Coruña iniciará este xoves, co cambio de nome da praza do General Millán Astray, a modificación das rúas con denominacións franquistas en cumprimento do acordo plenario de 2009. En rolda de prensa, o alcalde da Coruña, Xulio Ferreiro (Marea Atlántico), indicou que este xoves se dará o pistoletazo de saída con citada praza, que pasará a ser praza das Atochas.

Así, será o primeiro cambio das 22 localizacións o nome das cales modificará o actual Goberno municipal para cumprir coa Lei da Memoria Histórica. En principio, para os novos nomes, o Executivo municipal utilizará as denominacións propostas no acordo dun pleno municipal de hai seis anos.

Os cambios de nome das rúas iranse realizando “ata final de ano”, segundo comentou Ferreiro, que puntualiza que algúns se atrasarán ata o próximo ano, ao coincidir con certas efemérides.

O cambio de nome da praza do General Millán Astray escenificarase este xoves nun acto que Ferreiro confía en que sexa “multitudinario”. “É unha mostra de dignidade colectiva e de memoria da cidade”, engade o rexedor coruñés.

7 de outubro de 2015 | 16:47 • Sen comentarios

Comentarios pechados.