publicidade hoxe

COGAMI inaugura en Vigo a exposición “Sinerxías”

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaMosVigo
A-
A+

O centro comercial A Laxe de Vigo acolle a exposición “Sinerxías: a enerxía do Camiño transformada en arte”, unha obra que conta coa participación de 22 persoas usuarias do centro de recursos que COGAMI (Confederación Galega de Persoas con Discapacidade) ten en Mos.

Esta exposición forma parte do proxecto europeo que se denomina Artibility, que ten por finalidade mellorar a calidade de vida das persoas con discapacidade contando as súas propias experiencias persoais a través de reproducións artísticas, e no que COGAMI participa xunto con outras organizacións sen ánimo de lucro de Italia, Grecia e Lituania. 

Un total de 37 obras van estar expostas, tendo todas elas un nexo común: a temática é sobre a experiencia vivida durante o tramo que recorreron do camiño de Santiago e os materiais son de reciclaxe, buscando a harmonía entre o ser humano e a natureza.  

Ata o 13 de novembro estará exposta esta mostra 

29 de outubro de 2015 | 13:29 • Sen comentarios

Comentarios pechados.