Charla para consumidores a cargo de pescaderías o 22 de outubro

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaBueu
A-
A+

A marca de calidade de mariscos e peixes capturados nas rías galegas está levando a cabo unhas campañas de concienciación para hostaleiros e consumidores. Tras a reunión do 5 de outubro para os representantes da hostalaría buenense, o vindeiro xoves 22 de outubro, ás 19.30 horas explicará o funcionamento desta marca aos consumidores.

Será na planta superior da Praza de Abastos con entrada libre, aínda que se prega inscrición previa no número 986 32 43 38 ou no correo electrónico turismo@concellodebueu.org.

Pescaderías é un selo de calidade creado pola Consellería do Mar no 2008 coa idea de que os produtos do mar artesanais poidan ser diferenciados e valorizados no mercado. Os seus valores son a sustentabilidade, a frescura e a orixe. Co obxectivo de concienciarnos do valor do noso produto, xa en agosto con motivo da Festa do Polbo organizaron un Obradoiro gastro-sensorial sobre o polbo e os seus modos de preparación, o cal tivo moito éxito entre os participantes xa que aprenderon a distinguir os produtos de Pescaderías e o que estes nos ofrecen como garantía.

9 de outubro de 2015 | 11:24 • Sen comentarios

Comentarios pechados.