Charla para consumidores a cargo de Pescaderías o 22 de outubro
A marca de calidade de mariscos e peixes capturados nas rías galegas Pescaderías está levando a cabo unha serie de campañas de concienciación para hostaleiros e consumidores. Tras a reunión do 5 de outubro para os representantes da hostalaría buenense, o vindeiro xoves 22 de outubro, ás 19.30 horas explicará o funcionamento desta marca aos consumidores, a distinción dos elementos das etiquetas e dos peixes e mariscos das nosas rías. O obxectivo destas xornadas é valorizar o produto local e aprender a diferencialo.
Será na planta superior da Praza de Abastos con entrada libre, aínda que se prega inscrición previa no número 986 32 43 38 ou no correo electrónico turismo@concellodebueu.org.
Pescaderías é un selo de calidade creado pola Consellería do Mar no 2008 coa idea de que os produtos do mar artesanais poidan ser diferenciados e valorizados no mercado. Os seus valores son a sustentabilidade, a frescura e a orixe. Co obxectivo de concienciarnos do valor do noso produto, xa en agosto con motivo da Festa do Polbo organizaron un Obradoiro gastro-sensorial sobre o polbo e os seus modos de preparación, o cal tivo moito éxito entre os participantes xa que aprenderon a distinguir os produtos de Pescaderías e o que estes nos ofrecen como garantía.











