publicidade hoxe

Cerdedo recibe unha subvención para a contratación de 14 desempregados

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCerdedo
A-
A+

Tras a solicitude efectuada polo Concello de Cerdedo o pasado mes de Setembro á Deputación Provincial de Pontevedra, recibe unha subvención por importe de case 30.000 € para a contratación de 14 traballadores desempregados.

Tras a concesión destes traballadores, no día de hoxe efectuouse o correspondente proceso selectivo do persoal ao que acudiron máis dunha trintena de aspirantes. Estes traballadores serán contratados a partir do 1 de novembro e por un período de 2 meses e 35 horas semanais. Incorporaranse á brigada de operarios e actuarán en coordinación cos mesmos, realizando especialmente traballos de limpeza e acondicionamento dos núcleos, zonas verdes, melloras en fontes e lavadoiros municipais, etc…

Os requisitos foron enviados pola oficina de emprego de Pontevedra tendo que cumprir os seguintes requisitos:

• Empadroado en Cerdedo

• Ser desempregado e estar anotado na Oficina de Emprego de Pontevedra.

• Non ser perceptor de prestacións ou perceptor de prestacións sociais destinadas a garantir os recursos económicos mínimos de subsistencia (RISGA).

Terán prioridade os candidatos que leven máis dun ano anotados no paro, maiores de 45 anos, que non traballen na anualidade anterior do programa, os que teñan nivel de renda máis baixo e os que teñan cargas familiares.

Posteriormente valoraranse os curriculums, a entrevista e a proba práctica e farase a lista dos 14 seleccionados.

26 de outubro de 2015 | 13:26 • Sen comentarios

Comentarios pechados.