publicidade hoxe

Cerdedo organiza un curso para obter o carné de manipulador produtos fitosanitarios

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCerdedo
A-
A+

O Concello de Cerdedo organiza xunto coa entidade formadora Academia Elisa, un curso de formación para a obtención do carné de aplicador, manipulador de produtos fitosanitarios que será obrigatorio a partir de novembro de 2015. 

O curso dará comezo o 16 de novembro e o prezo varía en función do alumnado matriculado:

-Grupo de 20 alumnos: 100 € alumno

-Grupo de 25 alumnos: 85 € alumno

-Grupo de 30 alumnos: 70 € alumno

O curso ten unha duración de 25 horas e realizarase no centro cultural de Cerdedo no horario que os alumnos participantes estimen máis axeitado.

Para poder participar deberán inscribirse nas Oficinas do Concello antes do 26 de outubro.

9 de outubro de 2015 | 10:55 • Sen comentarios

Comentarios pechados.