Centenares de escolares da Guarda visitarán as escavacións do poboado da Mergelina en outubro

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaBueu
A-
A+

Padroado Municipal do Monte Santa Trega en colaboración co Concello da Guarda, organizan, durante todo o mes de outubro, visitas guiadas ás escavacións do Poboado da Mergelina aos escolares da localidade.

Durante as visitas as escavacións, financiadas pola Deputación de Pontevedra e o Ministerio de Fomento, os escolares poden observar aos arqueólogos traballando á vez que o guía lles explica, por exemplo, os utensilios empregados na limpeza e restauración das pezas atopadas nos traballos.

Ademais terán a oportunidade de entrar no laboratorio e poder apreciar as diferentes pezas e utensilios atopados nas escavacións. Alí un arqueólogo tamén lles contará algunha curiosidade dos traballos feitos.

Durante este mes 35 grupos de todos os centros escolares da Guarda se achegarán a  coñecer a evolución dos traballos dos expertos.

Espérase que nos próximos meses tamén realicen esta actividade escolares chegados doutras localidades de Galicia e do norte de Portugal.

 

7 de outubro de 2015 | 19:03 • Sen comentarios

Comentarios pechados.