Cela celebrará unha ‘Ruta do Terror’ nocturna o 31 de outubro
O vindeiro 31 de outubro partirá do Centro Cultural de Cela unha ‘Ruta do Terror’ cun percorrido de tres quilómetros de lonxitude. Dende a organización desta actividade aconsellan a tódolos participantes acudir equipados cunha lanterna, e informan de que ó remate da ruta ofrecerase unha degustación de chocolate.
Para participar nesta iniciativa requírese previa inscrición dos interesados a través dos teléfonos 687791811 e 646731173 ou ben no Facebook “Celado Cela”.











