Casares e Medela reúnense con afectados pola construción da cuarta fase do polígono Lalín 2000

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLalín
A-
A+
Reunión cos veciños

Reunión cos veciños

Os concelleiros de Urbanismo e de Rural, Nicolás González Casares, e Miguel Medela, reuníronse onte con veciños e veciñas da parroquia de Filgueira afectados pola construción da cuarta fase do polígono Lalín 2.000. O obxectivo da xuntanza foi o de pór en común os diferentes aspectos que afectan á dispoñibilidade e á natureza dos terreos en correlación co pago do IBI, para buscar vías de solución a un problema urbanístico que Casares cualificou como “un secuestro en toda regra”. Isto débese a que por mor da ampliación do polígono que estaba proxectada e finalmente quedou paralizada hai 5 anos, na actualidade o solo a efectos de tributación catastral se considera de natureza urbana, mentres a efectos reais, os propietarios non poden dispoñer do mesmo como tal.

Neste senso, os veciños demandan pagar  o IBI como se os terreos fosen de natureza rústica, un obxectivo que se podería conseguir solicitando unha revisión catastral. Así e todo, no caso de que fose posible solicitar esta revisión, tal e como explicou González Casares, “finalmente isto podería acabar repercutindo negativamente para os intereses dos propietarios, xa que se o proxecto de expansión industrial se retomase, os terreos perderían moito valor”. 

23 de outubro de 2015 | 19:37 • Sen comentarios

Comentarios pechados.