Casares asiste en Madrid ao pleno da Rede de Iniciativas Urbanas

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLalín
A-
A+
Casares na reunión do pleno de RIU

Casares na reunión do pleno de RIU

O tenente de alcalde e concelleiro de Urbanismo, Nicolás González Casares, asistiu hoxe en Madrid ao Pleno da Rede de Iniciativas Urbanas (RIU), que tivo lugar na sede do Ministerio de Facenda e Administracións Públicas. O obxectivo principal da sesión foi o de presentar e expoñer as diferentes propostas de oportunidades para as cidades e vilas que ofrece o período de programación 2014-2020, así como presentar a próxima a convocatoria de axudas europeas para as Estratexias de DesenvolvementoUrbano Sostibe (DUSI), ás que opta Lalín dentro da modalidade de cidades de menos de 50.000 habitantes.

A este respecto, Casares, que leva varias semanas traballando sobre a cuestión xunto con membros do seu departamento, cualificou a xornada de traballo como “moi interesante”, xa que nela “se puxeron sobre a mesa as claves para que Lalín elabore a súa Estratexia de Desenvolvemento Urbano Sustentable Integrado, e así poder optar aos fondos europeos co mesmo fin para o período 2014/2020”. O tenente de alcalde explicou que “a día de hoxe a referida estratexia está avanzada e vai por bo camiño”, apuntando que “Lalín busca estar a punto ante a inminente convocatoria de axudas”. González Casares manifestou que a planificación segue en marcha “e se intensificará nas próximas semanas a participación da cidadanía no proceso de cara a súa redacción final”.

Entre os poñentes que participaron na xornada destacan José María Piñeiro Campos, Director Xeral de Fondos Comunitarios; Juan Van-Halen Rodríguez, Director Xeral de Arquitectura e Solo, así como Laura Hagemann, da Comisión Europea, que presentou Accións Inovadoras Urbanas, dentro da Axenda Urbana Europea

6 de outubro de 2015 | 19:41 • Sen comentarios

Comentarios pechados.