publicidade hoxe

Carral celebra unha misa en recordo dos falecidos no accidente do rally

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCarral
A-
A+

O Concello de Carral informa de que organiza mañá, sábado 10 de outubro, unha misa en recordo das vítimas do tráxico accidente ocorrido o mes pasado no Rally da Coruña ao seu paso polo municipio. A misa celebrarase mañá ás 12.00 horas na igrexa de Carral, tanto polos falecidos naturais de Carral como de Cambre.

Será por:

Uxía Maroño Bello (parroquia de Paleo), Marcos Prego Candal (parroquia de Barcia), Sandra María Ares Rumbo e Aroa Mantenga Rumbo (parroquia de Tabeaio), naturais do municipio de Carral; e Laura Dubra López (parroquia de Anceis), Miguel Caridad Pereiro, Ana Cayazzo Rey, e Candela Caridad Cayazzo (parroquia de Cambre), naturais do municipio de Cambre.

9 de outubro de 2015 | 18:58 • Sen comentarios

Comentarios pechados.