Carmela Silva reúnense cos directivos da Editorial Galaxia

Carmela Silva na reunión con directivos da Editorial Galaxia
A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, mantivo hoxe unha xuntanza cos directivos da Editorial Galaxia. Xunto co deputado provincial de Cultura, Xosé Leal, a presidenta recibiu no seu despacho ao director da editorial, Víctor Fernández Freixanes e a Antón Vidal e Xavier Martínez, directivos de Galaxia.
A presidenta destacou a importancia da Editorial Galaxia no compromiso coa cultura en galego e recordou que é unha editorial de referencia histórica na edición en lingua galega que leva traballando a prol da cultura galega dende 1950.
Carmela Silva lamentou que a crise económica está servindo de escusa para o recorte en cultura “cando é fundamental para a igualdade de oportunidades”.
Por último, a Presidenta subliñou aos directivos da Editorial Galaxia o compromiso da Deputación de Pontevedra co sector cultural da pr0vincia e a necesidade de darlle un impulso.











