publicidade hoxe

Carmela Silva agradece a colaboración da alcaldesa de Meaño en proxectos comúns

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaMeañoPontevedra
A-
A+
Carmela Silva coa alcaldesa de Meaño

Carmela Silva coa alcaldesa de Meaño

A presidenta da Deputación, Carmela Silva, e a alcaldesa de Meaño, Lourdes Ucha, mantiveron hoxe unha xuntanza de traballo no Pazo Provincial para abordar diversas cuestións entre as que destacaron a coincidencia en apostar polos traballos da Escola de Cantería para a urbanización de espazos públicos neste concello.

Carmela Silva sinalou que a alcaldesa comprometeuse a indicar tres espazos para a colocación de obras da Escola de Cantería nun breve espazo de tempo. Lourdes Ucha tamén solicitoulle á Presidenta a posibilidade de que a Escola de Cantería poda adicarse a recuperar patrimonio deste concello, ao que Silva mostrouse favorable.

Outros dos aspectos que foron abordados no encontro foron as novas liñas de colaboración que vai dispor o goberno provincial cos concellos. Así Carmela Silva informoulle a alcaldesa de Meaño do novo sistema de reparto da financiación para que os concellos podan atender os servizos públicos da mellor maneira posible e tamén do servizo de asesoría técnico-xurídica para os concellos máis pequenos.

En materia de infraestruturas a alcaldesa tamén referiuse a necesidade de concluír varias actuacións que está a desenvolver a Deputación no termo municipal meañés.

Igualmente o turismo foi outro dos aspectos que ambas mandatarias abordaron a longo do encontro no que coincidiron na promoción do turismo de interior como outras das necesidades da provincia.

Por último, a presidenta mostrou o seu agradecemento polo disposición de Lourdes Ucha a colaborar coa Deputación e en todas aquelas cousas que melloren a provincia. Silva, de feito, subliñou que esta mesma disposición a está a atopar en todos os alcaldes da provincia.

22 de outubro de 2015 | 18:13 • Sen comentarios

Comentarios pechados.