publicidade hoxe

Cangas acollerá unha charla presentación do proxecto Caravana Feminista

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCangas
A-
A+

A Concellería de Servizos Sociais, Igualdade e Sanidade ten previsto organizar unha charla presentación do proxecto Caravana Feminista organizado pola Marcha Mundial de Mulleres, dado que esta fin de semana ten previsto chegar a Vigo. A presentación corre a cargo de Tereixa Otero Dacosta da Coordenadora da Marcha Mundial das Mulleres de Vigo o mércores 7 de outubro ás 19:30h no Salón de Plenos de Cangas.

A caravana feminista é a IV Acción Internacional que ven desenvolvendo a Marcha Mundial. Este proxecto ven percorrendo Europa, dende a súa saída de Turquía o 8 de marzo ate Portugal que ten prevista a súa chegada o 17 de outubro. O obxectivo da Marcha é documentar e visibilizar as loitas das mulleres que se enfrontan a problemas similares, en contextos diferentes. Unha plataforma de unión, de camiñar xuntas, en solidariedade, para facer retroceder os ataques e as opresións que nos rouban os recursos, os dereitos e a dignidade.

Esta Caravana Feminista vai estar en Galicia dende o 5 ao 11 de outubro. En Vigo vai estar os días 10 e 11 e a Marcha Mundial de Mulleres ten previstas varias actividades a desenvolver nesta fin de semana.

Dende a Concellería queremos dar visibilidade a este proxecto e as actividades nas que por proximidade poderían participar as mulleres de Cangas. 

5 de outubro de 2015 | 19:55 • Sen comentarios

Comentarios pechados.