publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Campaña de doazón de sangue en San Sadurniño

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaSan Sadurniño
A-
A+

Para atender as necesidades da sanidade galega fan falla unhas 500 doazóns de sangue diarias. O Centro de transfusións de Galicia ten varias unidades móbiles percorrendo o país para facilitar a doazón, un acto altruísta que axuda a salvar vidas.

A doazón de sangue é un acto seguro, sinxelo, cómodo e necesario para que moitas persoas poidan solucionar o seu problema de saúde e mesmo salvar a vida. Os homes poden doar un máximo de 4 veces ao ano e as mulleres 3, deixando pasar entre cada doazón un mínimo de 2 meses.

Poden doar sangue as persoas que teñan unha saúde normal, con máis de 50 quilos de peso e cunha idade entre 18 e 65 anos. É vital que a persoa doadora achegue toda a información posible sobre o seu estado de saúde, xa que o sangue doado vai destinado a axudar a recuperación dos doentes.

Doar sangue é un acto solidario e tamén responsable. En caso de que calquera persoa teña algunha dúbida sobre se pode ser doante ou non, pode consultar cos médicos do CTG nas unidades móbiles ou nos locais de doazón. Tamén pode chamar ao teléfono gratuíto 900 100 828, das 8.00 ás 22.00 dende teléfonos fixos e móbiles. Outro medio de consulta é a web do CTG, onde se recolle grande cantidade de información sobre a doazón.

A unidade móbil do CTG fará as extraccións en San Sadurniño o luns 26 entre as 16.00 e as 21.00 h.

22 de outubro de 2015 | 19:58 • Sen comentarios

Comentarios pechados.