Caballero recoñece o labor desenvolvido por Érguete nos seus 30 anos de actividade

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaVigo
A-
A+
Caballero na clausura das xornadas

Caballero na clausura das xornadas

Abel Caballero participou este xoves na clausura das Xornadas Conmemorativas da Fundación Érguete que se desenvolveron baixo o lema “Nin tolas nin terroristas” para celebrar os 30 anos de loita da entidade contra a drogodependencia. O Auditorio do Concello acolleu este encontro no que profesionais do ámbito xurídico, administrativo e do tratamento abordaron esta problemática. O alcalde felicitou a Érguete polo labor desenvolvido durante estes anos e recoñeceu a importancia das mulleres que puxeron en marcha a iniciativa hai tres décadas. 

15 de outubro de 2015 | 17:43 • Sen comentarios

Comentarios pechados.