Besteiro pide a Vence que deixe construír o goberno da Deputación de Lugo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLugo
A-
A+
Europa Press

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, pediu este mércores ao voceiro nacional do BNG, Xavier Vence, “deixar que se constrúa” o goberno da Deputación de Lugo “sen interferencias”. Así respondeu aos xornalistas ao ser pedida a súa opinión sobre as declaracións de Vence de que a súa formación non aceptaría a entrada de imputados no goberno lucense e despois de que este mesmo mércores o presidente da Deputación, Darío Campos, mantivese que o alcalde de Becerreá formará parte do seu executivo malia estar sendo investigado pola Xustiza.

Ao respecto, Besteiro recordou ao seu homólogo no BNG que a semana pasada prosperou a moción de censura que devolveu á coalición de socialistas e nacionalistas o goberno provincial e que, agora, toca deixar que se repartan as áreas de traballo.

Cuestionado sobre se esa visión de Vence podería ser a antesala de problemas entre os socios de goberno, o líder socialista sinalou que el “sempre” pensa “ben e en positivo”. Así é que os seus “votos” son por que “se”cumpra o que mandataron os cidadáns”, que é que a esquerda lidere a Deputación de Lugo.

Ao fío diso, recomendou ao PP que “reflexione sobre que lle pasou” na provincia para perder nas últimas eleccións municipais uns 30.000 votos e para que o PSOE pasase de ter 16 alcaldías a “case 30”.

14 de outubro de 2015 | 16:41 • Sen comentarios

Comentarios pechados.