Belén do Campo reúnese coas asociacións antidroga Antonio Noche e de Axuda e Atención ao Preso
A delegada territorial da Xunta na provincia, Belén do Campo, mantivo esta mañá unha reunión con representantes da Asociación Antidroga Antonio Noche e da entidade de Axuda e Atención ao Preso, encabezadas pola presidenta destas dúas organizacións, Rosa Otero.
A delegada territorial trasladoulles o seu interese polas necesidades do colectivo, así como polas iniciativas que desenvolve a entidade para a mellora da vida das persoas en risco de exclusión social. Do mesmo xeito, expresou a súa vontade continuar a traballar estreitamente para atender as súas demandas a través dos distintos departamentos da Xunta como son a Consellería de Política Social ou a Secretaría Xeral de Igualdade.
A reunión de hoxe enmarcase na rolda levada a cabo por Do Campo buscando un maior diálogo coas organizacións de labores sociais na provincia, acercándoas así ao Goberno Galego para traballar na mellora de vida e o benestar dos cidadáns.











