Basterra vincula coa alerxia o incidente en que Asunta estaba mareada

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaSantiago de Compostela
A-
A+
Europa Press

Alfonso Basterra vinculou coa alerxia que, segundo di, tiña a súa filla Asunta, os incidentes de xullo de 2013 en que a nena se sentiu mareada, tanto na escola de altos estudos musicais como nunha academia. “Foi un ano horrible de actividade, alerxia, rinitis, como queira chamalo”, sinalou ante o fiscal, ao que explicou que esta circunstancia “ten picos de actividade” e que, aínda que o ano anterior pasara “sen pena nin gloria”, 2013 foi “duro”.

De novo interrogado sobre se deu “pos brancos” á menor, afirmou que “non, por suposto que non”. “Nunca lle din nada que non se lle puidese dar”, aseverou.

A continuación, pediu ao fiscal, até en dúas ocasións, que se pode “practicar un mínimo de empatía” entenda que o 25 de setembro, cando declarou que si lle deu eses pos, “non estaba en condicións mínimas para facer unha declaración coherente” e admitiu que “posiblemente” dixo iso, pero é que levaba “días chorando sen parar” e pasara dúas noites nun calabozo no que non vivirían “nin as ratas”.

2 de outubro de 2015 | 11:02 • Sen comentarios

Comentarios pechados.