Basterra descoñecía as imaxes con contido sexual no móbil da nena

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaSantiago de Compostela
A-
A+

Alfonso Basterra afirmou que “case seguro” non fixo as fotos nas que a súa filla Asunta, pola morte da cal están sendo xulgados tanto el como a súa exmuller Rosario Porto, figura amortallada e con xesto ríxido, que a nai atribuíu a un disfrace de momia. “O meu móbil era unha carraca”, sinalou, ademais de argumentar que descoñece o funcionamento dun teléfono ‘iPhone’.

Mentres, sobre outras fotografías nas que a nena está vestida para unha función de ballet, e en concreto acerca dunha na que está coas pernas abertas -da que se queixou ao fiscal por mantela nas pantallas da sala- respondeu que “nin idea”.

Por outra parte, sobre fotos con contido sexual achadas no teléfono móbil da menor, dixo que “por suposto” que non era “consciente disto”, ao mostrarlle o fiscal imaxes con “actos sexuais propios destas páxinas”.

Ao respecto, intentou atopar unha explicación “minimamente lóxica” nas compañeiras da nena, que eran maiores ca ela ao ser adiantada un curso.

O interrogatorio do fiscal rematou tras dúas horas, fronte ás cinco que se estendeu este xoves durante a declaración de Porto. Agora, o presidente do tribunal ditaminou un receso de en torno a media hora.

2 de outubro de 2015 | 16:33 • Sen comentarios

Comentarios pechados.