Augusto e Cabral protagonizan un encontro cos afeccionados en Vigo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaVigo
A-
A+
Sinatura de autógrafos

Sinatura de autógrafos

Os capitáns do primeiro equipo Augusto Fernández e Gustavo Cabral acudiron esta tarde á Cervecería Estrella Galicia de Vigo, onde atenderon durante unha hora aos celtistas que se achegaron a coñecer aos dous xogadores celestes. Os futbolistas mostráronse moi próximos cos afeccionados con quen, ademais de sacarse fotos e asinarlles autógrafos, conversaron amenamente.

O Real Club Celta seguirá traballando da man de Estrella Galicia e os seus principais patrocinadores para achegar ao equipo á afección, unha maneira de consolidar a estreita unión entre ambos.

27 de outubro de 2015 | 20:06 • Sen comentarios

Comentarios pechados.