Atención veciñal sobre o catastro no Rosal
Con motivo do procedemento de regularización que a Xerencia Territorial de Catastro está a realizar, o Concello do Rosal pon a disposición de tódolos veciños e veciñas unha oficina para a aclaración de dúbidas, así como para a axuda da cumprimentación dos modelos de comparecencia ou reclamación, os luns, mércores e venres en horario de 9:30 a 13:30 hs.