publicidade hoxe

Asomamos convoca a súa asemblea xeral

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaMos
A-
A+

ASOMAMOS, Asociación de Maiores, Pensionistas e Xubilados de Mos, convoca unha Asemblea Xeral Ordinaria o sábado 14 de novembro no auditorio do Pazo de Mos, ás 18.00 horas en primeira convocatoria, e ás 18.30 horas en segunda convocatoria.

Segundo informan dende a directiva da Asociación, a orde do día desta sesión constará da lectura e aprobación do Acta da Asemblea Xeral anterior, lectura e aprobación da Memoria do presente exercicio 2014-2015, lectura e aprobación do estado de contas do exercicio 2014-2015, ratificación por parte da Asemblea dos acordos tomados pola Xunta Directiva no exercicio 2014-2015, presentación e aprobación dos orzamentos para o exercicio 2015-2016, presentación e aprobación do plan de actividades para o exercicio 2015-2016, ratificación por parte da Asemblea da actual composición da Xunta Directiva e rogos e preguntas.

A directiva de ASOMAMOS prega tamén a tódolos socios e socias da agrupación a súa asistencia a esta Asemblea, dada a importancia dos puntos a tratar.

27 de outubro de 2015 | 11:21 • Sen comentarios

Comentarios pechados.