Asime inaugura o ciclo de xornadas TIC con Software de Xestión de Empresas e Business Intelligence

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaVigo
A-
A+

A Asociación de Industriais Metalúrxicos de Galicia (ASIME) organizou esta mañá, na súa Sede unha xornada TIC onde se presentaron os avances e innovacións referentes ao Software de Xestión de Empresas e Business Intelligence.

Este evento, en formato almorzo de traballo, foi o primeiro dun ciclo de xornadas, para presentar as últimas solucións e avances TIC e achegar o sector metalúrxico galego á Industria 4.0. Realizáronse demos e expuxéronse casos de éxito no sector, co fin de fomentar a introdución e actualización de tecnoloxías útiles que melloren o rendemento e a competitividade das empresas.

Este evento contou coa colaboración de ASM Soft, Bibus Spain e Vodafone España.

Na intervención de D. David Valeiras, Responsable de Produto de ASM Soft abordouse a ERP: Microsoft Dynamics NAV para o Sector Metalúrxico Galego. ASM Soft é unha empresa fortemente especializada en ERP para a industria do sector metalúrxico. Presentounos as vantaxes que poderemos obter aplicando as súas solucións, onde indicou que: “as nosas fortalezas son a proximidade en Galicia aos nosos clientes, a experiencia que temos xa que contamos con 200 implantacións e a independencia de decisión; todo iso ofrece unha ferramenta de confianza: NAV”. “Esta ferramenta é estándar e permite aproveitar as vantaxes e as sinerxías con outras entidades para chegar á última tecnoloxía”. 

Ademais comentou a posibilidade de implantar esta ferramenta Cloud, na nube, e On-Premises, nas instalacións. 

No segundo relatorio participou D. Santos J. Lorenzo, Responsable de Organización de Bibus Spain, quen expuxo sobre a distribución internacional con Dynamics NAV na súa compañía. “A nosa empresa traballa en catro áreas de traballo: hidráulicos, pneumáticos, a mecatrónica a través da automatización e na tecnoloxía do medioambiente”. “A parte máis importante e complexa de coordinar é a distribución de compoñentes, xa que debemos ter unha capacidade de resposta rápida, unha sincronización de pedidos hábil e conseguímolo a través da ferramenta xa presentada NAV”. Ademais fixo fincapé na necesidade de respectar o fluxo natural do programa. 

D. Juan Carlos Homobono, Consultor Senior de Dynamics NAV de ASM Soft, pola súa banda, centrou a súa exposición no control de proxectos e na fabricación con Microsoft Dynamics.

Presentou o caso de éxito de implementación do ERP nunha empresa que se dedica á construción de maquinaria a medida e mecanización do sector naval, industrial, etc. Declarou que: “tiñan necesidades en todos os departamentos. Duplicábanse os datos e traballos, existía incoherencia de datos e os proxectos non eran valorados fiablemente, por iso decidiron implantar Microsoft Dynamic 2013 R2. Agora poden facer análise, establecer os requisitos do proceso, personalizar por departamentos e establecer solucións”.

Por último, D. José Alegre, CEO Eurosistemas Placom, Best Partner Vodafone España falou sobre Bi2go (Business Intelligence to Go” quen indicou que: “é a aplicación de Business Intelligence desta gran multinacional para monitorizar e xestionar a tempo real e eficiente os fluxos e procesos produtivos. Ademais, é sinxela, práctica e ofrécese de forma gratuíta e sen compromiso durante 30 días de proba”.

22 de outubro de 2015 | 13:48 • Sen comentarios

Comentarios pechados.