As familias numerosas galegas reúnense en Vigo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaVigo
A-
A+

A Asociación Galega de Familias Numerosas (AGAFAN) celebra o seu VIII Congreso, co lema Familias Numerosas: Garantía de Futuro. No mesmo preténdese resaltar o importante papel que desempeñan as familias numerosas na actualidade, xa que son as que achegan o capital humano para o desenvolvemento da nosa sociedade, ante o alarmante descenso da natalidade, especialmente na nosa comunidade autónoma. Galicia é unha das comunidades con menor número de nacementos e unha elevada poboación envellecida o que non garante a substitución xeracional.

O Congreso contará coa presenza do novo Conselleiro de Política Social, D. Jose Manuel Rey Varela, a Presidenta da Fed. Española de Fam. Numerosas, Dna Eva Folgado e D. Carlos López Font, en calidade de Portavoz do Goberno Municipal e Deputado, a Dtra Xeral de Familia, Dna Amparo Gónzalez Mendez. Neste encontro familiar impártense dúas conferencias, a primeira delas corre a cargo de Dna. Noelia López Cheda, coach profesional sobre educación, e D. Manuel Blanco Desar, experto en demografía. Tendo os máis pequenos o seu propio espazo con actividades especialmente pensadas para eles.

Premios Agafan

Durante o acto de inauguración, entréganse os Premios Agafan, ao tres entidades que, previa votación dos socios e baixo a súa consideración, brindaron máis apoio ás familias numerosas nestes dous últimos anos. Os galardoados este ano son a empresa Carrefour, grazas aos beneficios que outorga o seu Cartón SUPERFAMILIA. Na categoría de entidade pública, o Concello de Oleiros (A Coruña) polo seu apoio constante ás familias en xeral, e por último aos Servizos de Informativos da TVG , por apostar pola difusión e o apoio incondicional en temas relacionados coa familia. Grazas ao apoio de Turismo de Vigo, o domingo día 18 as familias gozarase de actividades lúdicas familiares, como “Viaxe ás Cíes” ou “Coñecendo Vigo-Bus Turístico”.

16 de outubro de 2015 | 20:02 • Sen comentarios

Comentarios pechados.