publicidade hoxe

As Contas de 2016 recollen preto de 450.000 euros para a ampliación da estación de tratamento de Oza

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaOza/Cesuras
A-
A+
Beatriz Mato na reunión co alcalde de Oza-Cesuras. Foto: M. Fuentes

Beatriz Mato na reunión co alcalde de Oza-Cesuras. Foto: M. Fuentes

Os presupostos da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio contará en 2016 cunha partida orzamentaria de case 450.000 euros cos que se poderá levar a cabo a ampliación da Estación de tratamento (Etap) de Oza. Así llo trasladou a conselleira de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, Beatriz Mato, ao alcalde de Oza-Cesuras, Pablo González, co que mantivo unha reunión, na que abordaron diversas cuestións de interese para este concello. Mato Otero avanzoulle que na actualidade Augas de Galicia está rematando a redacción do proxecto e que posteriormente se poderán licitar as obras, que contan con fondos Feader.

Outro dos temas abordados no encontro foi a situación urbanística do concello; polo que a conselleira de Medio Ambiente trasladoulle a total colaboración da Secretaría Xeral de Ordenación do Territorio para que esta entidade conte con plan xeral de ordenación.

Trasladoulle que unha das máximas do Goberno galego, recollida na Lei do Solo, é que non haxa ningún concello galego sen Pxom e que todos os concellos conten cun instrumento de planeamento de calidade nun tempo razoable.

Neste sentido, invitou ao alcalde de Oza-Cesuras a traballar dende a coordinación e colaboración co fin de que os máis de 5.000 veciños de Oza-Cesuras se unan aos máis de 1,1 millóns de persoas que viven actualmente nun concello con Plan xeral.

Sinalou que o apoio do Goberno galego non se traducirá en colaboración técnica, senón tamén en colaboración económica, xa que a Consellería de Medio Ambiente disporá en 2016 de 3,1 millóns de euros en subvencións para completar os planeamentos do concellos, o que se traduce nun investimento de 22,6% con respecto ao ano anterior.

27 de outubro de 2015 | 16:51 • Sen comentarios

Comentarios pechados.