As bibliotecas de Ourense ofertarán “Lectura á carta” para afondar no hábito da lectura nos máis cativos

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaOurense
A-
A+

A concelleira de Educación, Belén Iglesias, e a coordinadora das bibliotecas municipais, Isabel María Rodríguez, presentaron esta mañá a programación do cuarto trimestre de 2015 para as bibliotecas dos barrios de San Francisco, A Carballeira, A Ponte e o Punto de Animación á Lectura do Couto.

Dende as Bibliotecas Municipais do Concello de Ourense,  a través do Programa de Animación á Lectura, preténdese que os nenos/as lean a por medio dunha ferramenta  importante nestas idades temperás como é o xogo e a creatividade a través dos diferentes obradoiros..

O programa de animación é diario, de luns a venres de 18,00 a 19,30 e os sábados de 11,00 a 13,00. Nos períodos de vacacións, como é o Nadal, de 11,00 a 13,00 horas para que os nenos/as dos diferentes barrios da cidade poidan gozar dunhas vacacións lúdicas e entretidas na sás de Animación e axudar aos pais na súa conciliación de vida laboral e as vacacións dos seus fillos, tal e como explicou a concelleira de Educación, Belén Iglesias.

O prazo de inscrición para as familias interesadas xa está aberto nas bibliotecas. É para nenos e nenas de entre 4 e 10 anos.

Belén Iglesias explicou que “a lectura é un acto íntimo de primeira orde, que tamén pode ter o seu aspecto público. Toda actuación de animación á lectura que se prece debe buscar o fomento da lectura persoal e particular”. E, despois cando se dean os requisitos necesarios, favorecerase unha lectura en grupo (colectiva), que ten uns valores e satisfaccións nada desdeñables, como poden ser, entre outros:

– A socialización que significa o encontro entre lectores e lectoras.
– A riqueza que supón as lecturas que comparto con outros e outras.
– O desenvolvemento significativo da capacidade de escoita.
– A mellora da destreza narrativa.
– A ampliación de novos horizontes na lectura, en canto a autores, temas, xéneros…
– O exercicio de democracia que leva consigo o consenso.
– O abano de ritmos e entoacións que entra en xogo.
– E a colaboración de lectoras e lectores habituais con aqueles ou aquelas que se inician.

Os responsables da organización y execución do programa “Animación á Lectura” será o persoal de cada biblioteca e do Punto de Animación a  Lectura Infantil.

8 de outubro de 2015 | 19:13 • Sen comentarios

Comentarios pechados.