publicidade hoxe

Apertura do prazo de matrícula do Grupo de Danzas e Gaitas Vila do Orcellón

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaO Carballiño
A-
A+

O Grupo de Danzas e Gaitas Vila do Orcellón inicia o novo curso cunha nova directiva formada por antigos membros e membros fundadores. 35 alumnos con idades comprendidas entre os 5 e os 23 anos conforman nestes momentos o corpo de baile da agrupación carballiñesa que acumula xa 17 anos de historia. Recollendo o espírito dese xullo de 1998, a nova directiva traballará co obxectivo de transmitir a riqueza do folclore galego e ser espazo de encontro para amantes da música e do baile tradicional.

Neste novo curso ás tradicionais clases de baile súmanse as de canto e pandeireta. O prazo de matrícula está aberto. Para máis información estaremos encantados de recibirvos no local de Familias Madrugadoras (Avda. Calvo Sotelo, fronte ao Grupo Escolar ), tódolos sábados en horario de 10:30 a 13:00 .

16 de outubro de 2015 | 18:07 • Sen comentarios

Comentarios pechados.