Apertura do prazo de inscrición no taller de risoterapia para maiores

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaMos
A-
A+

No seu propósito de mellorar a calidade de vida das personas maiores, a concellería de Educación e Participación Cidadá, dirixida pola concelleira Kely Monzón, porá en marcha un taller de risoterapia que terá lugar tódolos xoves de novembro e decembro do 2015 de 12.00 horas a 13.00 horas  no Auditorio do Multiusos das Pozas.

Esta actividade é de balde, e está dirixida ás persoas maiores de 65 anos ou pensionistas maiores de 55 anos, empadroados no Concello de Mos.

O número de alumnos será de 12 a 20, e no caso de existir vacantes poderán participar os maiores de 55 anos sen actividade laboral e persoas non empadroadas en Mos.

Os interesados poden inscribirse no Rexistro Xeral do Concello, dende hoxe ata ó 29 de outubro.

Tamén se pode descargar a inscrición na web do Concello: www.mos.es,  para posteriormente enviala debidamente cumprimentada ó enderezo de correo electrónico: omix@concellomos.es

13 de outubro de 2015 | 18:27 • Sen comentarios

Comentarios pechados.