Ao longo da tempada a Sociedade Ximnástica xuntou a 6.000 atletas nas súas competicións

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesPontevedra
A-
A+

Outro ano máis a Sociedade Ximnástica volve ser referente do atletismo galego, xuntando nas súas competicións a 5.883 atletas e volvendo crecer en participación unha tempada máis. Desde logo as carreiras pedestres, co recente Medio Maratón de Pontevedra, sen esquecernos da carreira popular San Silvestre, foron as que levaron a maior concorrencia, con 5.278 participantes que saíron a correr polas rúas de Pontevedra.

O resto de actuacións hai que contalas nas competicións federadas de atletismo en pista, que o equipo lerezano organizou no CGTD durante o verán; con tres dos seus tradicionais Trofeos atléticos: o Boa Vila, o Memorial Celso Mariño e o que leva o nome da entidade pontevedresa. Ademais levou a cabo con gran éxito varias xornadas participativas, dedicadas aos máis pequenos para ilos achegando ao mundo do atletismo, que se denominaron Xogatlon; xuntando a 165 rapaces facendo deporte.

Nestes días a Sociedade Ximnástica está a acabar de perfilar o calendario de competicións para 2016, co desexo de superar os 6.000 deportistas practicando atletismo baixo o paraugas da veterana Sociedade.

21 de outubro de 2015 | 17:45 • Sen comentarios

Comentarios pechados.