Antiviolencia declara o encontro entre Deportivo e Atlético partido de alto risco
A comisión permanente da comisión estatal contra a violencia, o racismo, a xenofobia e a intolerancia no deporte acordou declarar de alto risco o partido entre o Deportivo de La Coruña e o Atlético de Madrid, que se disputa este venres ás 20,30 horas en Riazor.
En novembro de 2014, unha liorta entre ultras de ambos os dous equipos custou a vida nas inmediacións do estadio Vicente Calderón ao seguidor do Deportivo Francisco Javier Romero, alcumado ‘Jimmy’.
Esta mesma semana, a sección sexta da Audiencia Provincial de Madrid ratificou a decisión do maxistrado que instrúe a ‘operación Neptuno’ de poñer en liberdade aos catro detidos que ingresaron en prisión tras a batalla campal.
Ademais, antiviolencia tamén indicou que declarou do mesmo modo o derbi valenciano que medirá o sábado ao Valencia e ao Levante no estadio de Mestalla ás 18.15 horas.











