Amplo despregue policial ante un altercado con armas de fogo no mercado de Vigo
Axentes da Policía e da Garda Civil despregaron en Vigo un dispositivo para tratar de aplacar aos implicados nun altercado nas inmediacións do mercado do barrio de Coia no que se escoitaron disparos e que se salda, polo menos, cun ferido.
Ás 13,40 horas, unha persoa avisou a Emerxencias 112 do altercado no barrio de Coia no que habería “varias persoas implicadas e armas de fogo”, xa que se “escoitaban disparos”.
Unha segunda chamada alertou ao 112 de que na VG-20 a unha persoa “rompéranlle” a ventá do coche e producíronse “disparos”. De feito, o 061 trasladou o ferido deste vehículo, que circulaba sentido O Porriño.
Este vial foi cortado á altura de Valadares co fin de que os axentes dos corpos de seguridade poidan interceptar os posibles implicados na liorta.
Estes altercados prodúcense despois de que o venres pasado un pelexa de ambulantes en Cangas do Morrazo se saldase con varios feridos e obrigase a suspender a feira. A pelexa entre feirantes produciuse entre o clan dos morones e os xitanos ‘zamoranos’.











