Amplíase o prazo de inscrición para participar no laboratorio de ideas da Guarda

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA Guarda
A-
A+

O Concello da Guarda amplía o prazo de inscrición para todos aqueles interesados e interesadas en fomentar parte do “Laboratorio de Ideas”.

Esta actividade está enfocada para todas esas persoas que teñen unha idea ou un proxecto e queren estudar a súa viabilidade. Ademais, neste programa poderán crear un espazo de traballo común e compartir experiencias entre os demais participantes para chegar a facer realidade esa idea.

Esta iniciativa é unha moi boa oportunidade para aqueles que teñen inquedanzas e que buscan o seu camiño laboral.

Para facer efectivas as inscricións os interesados deben dirixirse á OMIX do Concello da Guarda, chamar o teléfono 986 61 00 00 ou contactar a través da dirección de mail informacion@aguarda.es

7 de outubro de 2015 | 19:06 • Sen comentarios

Comentarios pechados.