publicidade hoxe

Ampla actividade do Outono Cultural de Rianxo para esta fin de semana

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaRianxo
A-
A+

Ampla actividade do Outono Cultural de Rianxo para esta fin de semana:

VENRES 30 DE OUTUBRO
21.00 h – Auditorio de Rianxo
TEATRO: Pre-estrea de Calypso a cargo de Voadora Teatro
O Calypso é unha danza que require renunciar por completo á sensación de ridículo durante a súa práctica e tamén a banda sonora perfecta para esta peza da compañía Voadora no que se suscita o fin dos sistemas a través de dous grupos de personaxes sitiados en realidades distintas: O fin da arte, das relacións tal e como as entendiamos ata o momento, o fin da intimidade… e, a beiras deste mundo que termina, outro que se crea cada noite coa única finalidade de que todo siga estando no xusto lugar onde sempre tivo que estar.
A obra está recomendada para maiores de 14 anos.
Entrada de balde ata completar aforo. Retirada de invitacións unha hora antes do comezo da representación (máximo 2 por persoa)

SÁBADO 30 DE OUTUBRO
A partir das 17.30 – Centro Sociocultural da Capela no Arago
MAGOSTO 2015 NO ARAÑO
Ademais de castañas, música, bebida, inchábles; ás 18.30 horas haberá unha actuación de títeres a cargo de Fanfarra Títeres que representarán a obra A caixiña máxica.
Organizado pola Asociación de Veciños do Araño
20.30 – Auditorio de Rianxo
TEATRO: Estrea da comedia musical Chou mas gou on !!! a cargo de Axouxere teatro
A compañía de teatro aficionado Axóuxere Teatro achégase ao auditorio para estrear a súa nova produción Chou mas gou on !!!
Trátase dunha nova comedia musica, escrita e dirixida por Alejandro Albaiceta. Con arranxos musicais e edición de son: Miguel Thomas – Iago Blanco (Drum&Roll studios)
A obra está recomendada para maiores de 12 anos.
Entrada de balde ata completar aforo. Retirada de invitacións unha hora antes do comezo da representación (máximo 2 por persoa)

LUNS 2 DE NOVEMBRO
A partir das 17.00 h – Campo de Arriba de Rianxo
MAGOSTO / SAMAÍN EN RIANXO
No Campo de Arriba de Rianxo o 2 de novembro a partir das 5 da tarde para festexar o Magosto/Samaín organizado pola Área de Cultura, Xuventude, Educación e Normalización.
Ademáis de castañas asadas, haberá xogos e obradoiros para os nenos/as, postos de artesanía e música tradicional.
Todo elo coa colaboración de: Comisión Juadalupeñas de Rianxo, Agrupación Teatral Criaturas, Ondiñas Mainas colectivo artesá, Asociación Sociocultural Vai de Roda e a Asociación Sociocultural Fogo Fatuo.

28 de outubro de 2015 | 11:15 • Sen comentarios

Comentarios pechados.