Amizade vista este sábado A Coruña

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA Coruña
A-
A+

Amizade nace na comarca de Pontevedra co obxectivo de “Acadar a plena inclusión das persoas con discapacidade en tódolos ámbitos da sociedade”. Un obxectivo moi ambicioso no momento da creación da asociación, aló polo ano 1988, pero que lamentablemente segue presente hoxe en día xa que aínda queda moito camiño por andar ata lograr esa integración; para conseguir unha igualdade real entre todos os cidadáns e cidadás. Por isto é polo que Amizade segue existindo, e segue ofrecendo actividades e servizos que melloren as capacidades das persoas. E tamén segue concienciando á sociedade sobre a necesidade de crear contornas inclusivas que acollan á diversidade de persoas que existen, sen discriminación; algo que, se dúbida, enriquecería á sociedade.

Un dos ámbitos sociais nos que traballa Amizade é do tempo de ocio e lecer, intentando ofrecer alternativas ás persoas con discapacidade. É aquí onde se enmarca a xornada organizada para este vindeiro sábado, 17 de Outubro, que visitaremos A Coruña.

Ás 10:00 sairá dende o Restaurante Casa Digna (en frente ao Gremio dos Mareantes) un autobús adaptado que desprazará as 37 persoas participantes ata A Coruña, onde se visitará o Domus e o Acuario. Tendo prevista que a hora de chegada será sobre ás 19:30 a Pontevedra.

16 de outubro de 2015 | 13:25 • Sen comentarios

Comentarios pechados.