Alejandra Lago Alejandre faise co X Premio Internacional de Arte Gráfica Jesús Núñez

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA Coruña
A-
A+

O xurado do X Premio Internacional de Arte Gráfica Jesús Núñez, convocado pola Deputación da Coruña, decidiu premiar a obra “Chrysallis” de Alejandra Lago Alejandre.

O xurado composto por Jesús Núñez Fernández, Isabel Elorrieta, Tomás Paredes , Manuel Dimas e Anne Heyvaert e presidido polo deputado presidente da Comisión de Cultura, Turismo e Patrimonio Histórico Artístico, Xosé Regueira –con voz pero sen voto- reunido este martes na Fundación “Centro Internacional da Estampa Contemporánea” de Betanzos decidiu outorgar o X Premio Internacional de Arte Gráfica Jesús Núñez á obra “Chrysallis” serigrafía realizada na Facultade de Belas Artes de Pontevedra da que é autora Alejandra Lago Alejandre.

O xurado destacou o carácter “enigmático e contundente” da imaxe que recolle a obra “conseguida levando a serigrafía ao borde dos seus límites”. A autora recibirá 6.500 € polo premio e a súa obra protagonizará unha exposición na Fundación CIEC.

A convocatoria recolle tamén dous accésits consistentes en bolsa de matrícula dun módulo do Máster de Obra Gráfica impartido pola Fundación CIEC que foron outorgados a Marta Aguirre coa xilografía “Habita o lugar máis alá da oculta aparencia” e para Karol Pornyhala co linograbado “Curiosity 1”. A mención de honra foi para o artista francés David Maes.

6 de outubro de 2015 | 17:48 • Sen comentarios

Comentarios pechados.