Alec Brown continúa a súa recuperación
O xogador do Rio Natura Monbus Obradoiro Alec Brown continúa a súa recuperación da contusión ósea no astrágalo do pé dereito que se produciu durante a pretemporada, e que lle impediu debutar en partido oficial coa camiseta obradoirista.
Tras sufrir unha escordadura, no regreso á actividade tras a disputa do cuadrangular de Burgos, que organizou a Fundación Cid, a articulación volveuse a resentir, revelando as probas médicas a edema citado anteriormente.
Actualmente, o á-pivote continúa a súa rehabilitación cun tratamento de fisioterapia a cargo de Tomás Richartz, mentres traballa tamén co preparador físico, Óscar Viana, na reintroducción das actividades con impacto de maneira progresiva.
A súa incorporación ao equipo dependerá da evolución que experimente a zona afectada nas próximas datas.











