publicidade hoxe

AJE e o Concello de San Sadurniño organizan unha xornada de networking o 6 de novembro

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaSan Sadurniño
A-
A+

A Asociación de Jóvenes Empresarios de Ferrolterra, Eume y Ortegal organiza en colaboración co Concello a xornada “Networking San Sadurniño”, pensada para que o tecido empresarial -especialmente o emprendemento- se coñeza e poidan abrirse novas vías de colaboración. O encontro, de carácter gratuíto, desenvolverase na Casa da Cultura de San Sadurniño durante a mañá do 6 de novembro. 

A dinámica da xornada é moi sinxela: cada participante disporá de dous minutos para presentarlles a outras persoas asistentes a súa empresa e os servizos/produtos que ofrece.

Todos e todas irán rotando polas diferentes mesas para que, ao cabo, cadaquén teña presentado a súa iniciativa ao número total de participantes. Desta  maneira, segundo apuntan desde AJE, “poden facerse múltiples contactos en moi pouco tempo”. A organización explicará a orde das rotacións ao comezo da xornada. 

27 de outubro de 2015 | 19:44 • Sen comentarios

Comentarios pechados.