Adicae impartirá un taller práctico para plantar cara aos abusos en consumo que sofren os maiores

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaSantiago de Compostela
A-
A+

O taller, de entrada libre e gratuíta, está enmarcado dentro dun proxecto que está a levar a cabo ADICAE en colaboración co AECOSAN (Axencia Española de Consumo, Seguridade, Alimentación e Nutrición). Tamén contamos coa colaboración da asociación de inclusión activa Boa Vida para a celebración do taller.

O taller ten como obxectivo de informar as persoas maiores sobre os riscos dalgúns produtos financeiros e dos principais problemas de consumo aos que poderían enfrontarse. Ademais, ensinarémoslles a interpretar a información comercial que reciben nos seus domicilios e a evitar fraudes e enganos.

HORA:  17:00h

LUGAR: Residencia de Maiores Centro Sociocomunitario “Porta do Camiño” (R/ As Rodas, 2- Santiago de Compostela)

30 de outubro de 2015 | 18:04 • Sen comentarios

Comentarios pechados.