Adicae impartirá en Vigo un curso formativo para o voluntariado con persoas maiores
ADICAE é unha asociación para a defensa dos dereitos dos consumidores e puxo en marcha en colaboración coa AECOSAN o programa“Maiores Activos en Consumo”, en resposta á situación e problemáticas que viven os consumidores de maior idade.
Este curso consta dunha sesión práctica onde os participantes aprenderán técnicas, habilidades e ferramentas de traballo de dinamización de equipos para traballar con persoas e grupos VULNERABLES, a través dunha metodoloxía práctica.
Esta 1º sesión práctica será dinamizada por Diego Parajó, educador social e fundador de Xeneme, empresa de formación especializada en áreas sociais, educativas e culturais. A charla impartirase no VM17 – Pop up & coworking da rúa Velázquez Moreno, ás 19.00 h.
Esta campaña de formación e voluntariado, busca que as persoas maiores dispoñan de máis e mellor información sobre os seus dereitos no ámbito do consumo para defenderse mellor ante os abusos da banca e empresas de todo tipo.











